10 abril 2018

María Canosa. Encontro cos nenos e nenas de terceiro.

O luns 9 María Canosa visitou a nosa biblioteca para falar con nós sobre a súa obra, especialmente sobre o seu libro A cazadora de estrelas.Libro que estiveron a ler os nenos e nenas de terceiro. Aquí tedes o tríptico que elaborou a biblioteca para preparar a súa visita.

06 abril 2018

XIX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Xa comezou o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano,  o lema é: Mulleres de conto. 
O Salón do Libro de Pontevedra é  un referente para todos os  amantes da lectura, dos libros e moi especialmente da literatura infantil. Durante 15 días podedes participar en todo tipo de actividades de animación á lectura e dinamización cultural; así como visitar a exposición dos traballos dos centros escolares e descubrir ao país convidado deste ano, Mexico. 

Convidámosvos a todos a facer unha escapada a Pontevedra e descubrir o que o Salón preparou . Estamos seguros de que pagará a pena. Aquí tedes o programa para escoller  cando vos achegar. E o enlace á páxina do Salón do Libro

02 abril 2018

Abril, mes dos libros

Comezou abril, o mes dos libros e chegou o día grande da literatura infantil e xuvenil, o 2 de abril, data escollida por coincidir co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

Os libros fan grande o máis pequeno .
É o lema escollido deste ano. Aquí podedes ler o manifesto do Día Internacional do Libro Infantil publicado polo IBBY (International board on books for young people). Este ano Letonia foi o país encargado de realizar o manifesto e o cartel.

08 marzo 2018

8 de marzo. Día da Muller. Marcapáxinas.

                                                                      Imaxe de Leandro Lamas

15 febrero 2018

CONTANDO CON ROSALÍA


Se tedes entre 4 e 11 anos o VENRES 23 DE FEBREIRO, ás 17:30,  na Biblioteca Pública Municipal Castelao podedes asistir a unha actividade na que veredes a poesía de Rosalía de Castro dun xeito moi diferente.


Se queredes participar anotádevos no teléfono 881 988 891 do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo ou no seu correo normalización@concelloderianxo.gal

01 febrero 2018

Día da Candeloria

O 2 de febreiro celébrase o día da Candeloria. 
Esta celebración ven de moi antigo, dos tempos dos celtas. O primeiro día de febreiro celebraban o Imbolc en honor á deusa da nova lúa, a primavera e as correntes mariñas. Poñían unha candea nas ventás e nas habitacións. Era a preparación para a época fértil da terra e o nacemento dos animais.
En Galicia é o día do casamento dos paxaros. Representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera. Para os mariñeiros era o comezo da navegación despois da longa espera do inverno.

Curta da Paz. Partly Cloudy. Parcialmente anubrado

Unha curta sobre a tolerancia.

30 enero 2018

Curtas da Paz. O toro Ferdinando



Ao longo desta semana iranse proxectando pequenas curtas que tratan sobre a tolerancia, a diferencia, o respecto, etc.

28 enero 2018

10 enero 2018

Polca para a Paz

Todos os anos adicamos o mes de xaneiro a facer actividades relacionadas coa Paz xa que o  vindeiro 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz conmemorando o aniversario da morte de Mahatma Gandhi

No cole faranse diversas actividades ao longo de todo este mes de xaneiro das que vos iremos informando. Este ano a canción escollida foi "Polca para a paz". 

Aquí tedes o enlace para que vaiades practicando a letra e o baile.